Quique Rozas PP

O PP municipal absterase na votación en Pleno do Plan de Investimentos

O Grupo Municipal Popular anunciou esta mañá que se absterá na votación do Plan de Investimentos que será presentado no Pleno municipal de mañá polo equipo de Lara Méndez.  

O voceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, acompañado polo vicevoceiro, Enrique Rozas deron a coñecer esta decisión logo de que os populares forzasen á alcaldesa a asinar un documento polo que se comprometen a informar mensualmente do grao de cumprimento das diferentes actuacións que figuran neste programa.

Antonio Ameijide explicou que “por responsabilidade cos lucenses e para non frear os poucos investimentos que se programan para a cidade” o seu Grupo permitirá as modificacións de crédito que o goberno local levará mañá a pleno”. Este posicionamento se condiciona a que os socialistas informen mensualmente en xunta extraordinaria de voceiros do grao de execución tanto dos investimentos como do pago das subvencións”.

O voceiro dos populares explicou que facilitan o Plan do PSOE a cambio dunha transparencia na fiscalización das actuacións previstas “teñen que ter claro que non lles imos dar un cheque en branco, sabemos que a estas alturas do exercicio é complicado executar as propostas que inclúen no documento pero non podemos privar aos veciños de que a cidade avance e queremos coñecer de primeira man a evolución destes proxectos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com