A Deputación mellora en Muras os accesos a núcleos poboacionais e explotacións gandeiras

O Presidente da Deputación, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, informou hoxe sobre as actuacións que o Goberno Provincial levou a este municipio chairego con 200.000 euros do orzamento de 2016 e as primeiras accións de 130.000 euros do presuposto deste ano. Campos Conde explicou que do total achegado ata o de agora máis de 250.000 foron para a mellora de accesos a núcleos poboacionais e explotacións gandeiras e 75.000 euros para prestar servizos sociais a maiores e ofrecer emprego.

Campos, Requeijo e Rouco supervisaron as melloras executadas nos accesos á rúa José Ramón Puentes, na parroquia de Muras, e no acceso a Carrís, na parroquia da Balsa.

O Presidente adiantou que o Executivo Provincial achegou outros 130.000 euros para o arranxo doutros 17 accesos a núcleos poboacionais, nos que residen outras 60 familias, e a unhas 6 explotación gandeiras. Estas melloras levaranse a cabo en vías públicas nos núcleos de Rebordelos e Aborbo, na parroquia do Viveiró; Santar e Ameixeiras, en Ambosores; O Porto Novo, Cabana, Armada, Cuíñas de Abaixo, As Cuíñas e Debodas, na de Muras; Carregal e Armada de Abaixo, no Burgo; Aguillal e Cotelo, na Balsa; e Sabucedo, O Pico e Suaschousas, en Irixoá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com