En Marea proponlle á Xunta un Plan específico de ensino rural que rebaixa as ratios para evitar o peche de aulas

As deputadas Luca Chao e Ánxeles Cuña mantiveron esta tarde unha xuntanza coa Confederación de Anpas Galegas no Rural para trasladarlles o Plan específico de ensino rural que En Marea vén de rexistrar no Parlamento tras varias semanas de traballo colaborativo con diferentes axentes da comunidade educativa.

Tralo anuncio vía chamada telefónica do peche de dous centros por parte da Consellería de Educación, e a supresión de dúas liñas da ESO noutros dous, En Marea propón desenvolver un plan específico que diminúa as ratios no rural de 6 a 3 alumnos e que a previsión se faga a tres anos vista, antes de pechar unha unidade. Ademais, reclama a cobertura de postos de especialistas en Educación Infantil nos centros do rural, un programa de estabilización do profesorado nestas zonas mediante incentivos e un plan de formación específico para os docentes rurais, de xeito que se poidan aproveitar todas as potencialidades deste modelo educativo.

Luca Chao, engadiu que “o potencial da escola como dinamizadora das comunidades rurais está sendo ignorado e as medidas que se están a tomar por parte da administración educativa contradinse manifestamente cunha planificación comprometida coa realidade do mundo rural e cunha liña de ensino de calidade”.

O obxectivo das medidas propostas por En Marea no seu plan é que as Administracións públicas garantan o dereito de todo o alumnado de Galicia a unha educación cos mesmos estándares de calidade, independentemento do lugar en que vivan, apostando pola discriminación positiva cara ao ensino no rural paliando os desequilibrios territoriais

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com