Ferida unha persoa tras envorcar o seu coche en Viveiro

Un condutor resultou ferido despois de envorcar co vehículo que conducía na coñecida recta do Naseiro, na localidade de Viveiro.  Foi un particular quen, ao fío das 10:00 horas de hoxe, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que o condutor xa saíra polos seus propios medios do turismo, polo que, descartáronse os medios de excarceración.  Neses intres, o mesmo condutor telefonaba ao 112 Galicia para informar do suceso e advertir que necesitaba asistencia sanitaria.

Foi a partir de aí, cando os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén, ata o punto desprazáronse os efectivos do Grumir da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Asemade, na tarde de onte, unha colisión frontal entre dous turismos que circulaban por Arcos de Frades, á altura do concello de Pol, saldouse con tres persoas feridas. Nada mais recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 19:30 horas da tarde pasada, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas. Tamén, solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Pol, que confirmaron o trasladado de dous dos feridos en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. A outra persoa ferida foi trasladada por un familiar.

Ata o punto, tras ser requiridos polo 112 Galicia, tamén se achegou o persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou da limpeza da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com