ACE-EU continúa traballando para levar a cabo un pleno extraordinario e conseguir a reprobación da alcaldesa, Lara Méndez

Esta mañá o portavoz do grupo municipal ACE-EU, Carlos Portomeñe, reiterou a súa idea, porposta no pleno local celebrado onte, de pedir un pleno extraordinario para a reprobación da alcaldesa Lara Méndez.

Entre os motivos de solicitar este pleno extraordinario, Carlos, falou de que as modificacións de crédico propostas polo goberno municipal, se presentaron á oposición con tan so 24 horas de antelación para que os grupos puidesen facer enmendas, polo que o tempo foi insuficiente. Ademais, engadiu outros motivos  como a insostible situación na que se atopa o concello, a falta de dialogo do goberno co resto dos partidos da corporación, ou a existencia de contratos caducos e de  acordos plenarios incumpridos. Carlos, reivindicou que estes eran motivos suficientes para levar a cabo ese pleno extraordinario, ademais de apoiar os seus argumentos basandose na lei, xa que o artículo 48 do regulamento organico municipal do pleno ampara o dereito da oposición a convocar sesións extraordinarias, para o que é suficiente a sinautra de 7 concelleiros de 25.

“Dada a imposibilidade de plantexar unha moción de censura por non darse a correlación de forzas axeitada no Pleno, pois a esquerda non dará de ningún xeito a alternativa no goberno á dereita, esta é a canle máis oficial que temos na oposición de dar o toque de atención que precisa este executivo, que segue enrocado no ninguneo da oposición, e que debería amosar máis humildade tras ser incapaz sequera de presentar unha proposta para os orzamentos deste ano. A culminación desa actitude antidemocrática foi o bloqueo da posibilidade de presentar emendas á modificación orzamentaria, un procedemento regrado que debe cumprirse lles guste ou non”, salientou o concelleiro.

Para ACE-EU o Pleno de onte supuxo un punto de inflexión neste mandato, xa que visibilizou a absoluta perda de confianza na alcaldesa por parte dos propios grupos que apoiaron a súa investidura. “Ante o desencontro pola esquerda a alcaldesa non dubidou en buscar o encontro pola dereita, feito que non debe pasar desapercibido”, apuntou Portomeñe.

Por último, o voceiro, adiantou que esta mañá falaría con todos os partidos da oposición para solucionar a situación o antes posible, aínda que xa dialogou con algúns portavoces e confía en ter o apoio da maioria da coorporación. Olga Louzao, voceira de cidadáns, xa anunciou que si que apoiaria esta reprobación, debido a “nefasta labor que está levando a cabo a alcaldesa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com