A Xunta de Goberno provincial aproba as bases para participar na mostra de artesanía Arte San Froilán 2017

Alvaro Santos, deputado de relacións institucionais, informou que a xunta de goberno xa aprobou  as bases para poder participar na mostra de artesanía Arte San Froilán 2017, esta é unha feira de artesanía que realiza a deputación de lugo coincidindo coas festas patronais do San Froilán.

O seu obxetivo é impulsar e promocionar o importante traballo dos artesáns da provincia de Lugo. O deputado aclarou que este ano poderán instalar os seus postos e mostrar os seus traballos 25 artesáns. O prazo de presentación será de 20 días naturais dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes irán acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:

1.- Modelo de solicitude debidamente cumprimentado (Anexo I)

2.-Copia da Carta de Artesán ou Artesá.

3.- Copia do DNI ou NIF da empresa.

4.- Memoria técnica e descritiva do material e do proceso de elaboración dentro da disciplina artesanal correspondente e relación e fotografías dos produtos a expoñer e de proposta expositiva para a presente mostra.

Finalmente, o deputado explicou como sería a selección dos artesáns, “puntuarase favorablemente a calidade e coherencia no uso de técnicas, tecnoloxías, materiais, cores e tódolos compoñentes do proceso de elaboración das pezas. Ademais valorarase a utilización de materias primas autóctonas; pezas que permitan unha fácil interpretación e ligazón co territorio; ou a innovación tanto nos procesos e materiais empregados como no uso das tecnoloxías de información. Tamén se terá en conta a antigüidade da Carta de Artesá e se o Obradoiro está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia”.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou incrementar en 13.000 euros o orzamento do Buxiganga debido o grande éxito de participación dos grupos teatrais da provincia. Deste xeito a programación teatral pasa de 40.000 euros a 53.000 euros.

O Goberno da Deputación ofrece, dende os meses de xuño a outubro, 104 actuacións de grupos teatrais en 44 Concellos da provincia co Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Executivo Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.

Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com