O Castro de San Lourenzo abre as portas a visitantes

A campaña de visitas guiadas do proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo na Pobra do Brollón da comezo este fin de semana. As visitas son gratuítas e se realizarán mentres teñen lugar os traballos arqueolóxicos, polo que “os visitantes poderán ver o proceso arqueolóxico en tempo real,” comenta Xurxo Ayán, director do proxecto. Haberá dous formatos, un nas fins de semana que inclúe un pequeno paseo pola parroquia de Cereixa, berce de María Castaña, e outro de luns a venres directamente no castro.

A campaña de visitas guiadas inclúese dentro das actividades de dinamización do Castro de San Lourenzo, situado na parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón.  Grazas a estes traballos xa se exhumaron restos dun edificio romano así como pezas cerámicas, moedas e outros utensilios.

De luns a venres, os visitantes poderán achegarse ás 11:00 ou ás 19:00 directamente ao castro onde realizarán un percorrido guiado de aproximadamente 45 minutos polo xacemento. Para chegar ao castro, pódese buscar en Google Maps Castro de San Lourenzo; ou ben, chegar á parroquia de Cereixa e na LU-652 coller o desvío sinalizado en fronte da igrexa.

As explicacións incluirán a historia detectada ata o momento no xacemento, da época romana e altomedieval, así como as relacións actuais entre a parroquia e o castro. Ademais, se aproveitarán as vistas panorámicas do lugar para falar da paisaxe circundante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com