Educación pon en marcha una sección da EOI en Chantada

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñerá en marcha o vindeiro curso 2017/18 a primeira sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) no concello de Chantada. Trátase dunha sección adscrita á EOI de Monforte de Lemos que contará cunha oferta inicial de 90 prazas de inglés. Este próximo curso xa ofertará tres grupos neste idioma: un grupo en 1º nivel básico (A1) e dous grupos en 1º nivel intermedio (B1), mentres que nos seguintes anos implantaranse de forma progresiva os restantes niveis.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición en liña no mes de xullo a través da EOI de Monforte, mentres que a matrícula se formalizará no mes de setembro. En todo caso, a orde, con todos os detalles, publicarase proximamente no Diario Oficial de Galicia.

Coa apertura dunha sección en Chantada, que estará situada no IES Lamas das Quendas, o departamento educativo da Xunta de Galicia busca atender a demanda da poboación interesada na aprendizaxe de idiomas tanto no propio concello, como nas súas zonas de influencia. Así mesmo, tamén dará resposta ás necesidades de cualificación do alumnado que cursa ciclos formativos, en especial ao de FP Dual, debido ao seu perfil empresarial e competitivo nunha sociedade global.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com