Abertos os Museos de San Paio de Narla e Tor tras os traballos de conservación

Os Museos de San Paio de Narla e Pazo de Tor están abertos dende este sábado tras rematar os traballos de desinsectación dos edificios. Trátase do plan integral do Executivo Provincial, cun orzamento de 53.000 euros, que contempla actuacións de conservación preventiva en ambos museos, a través da desinsectación, un dos métodos máis eficaces para protexer as coleccións. Fíxoo tras constatar a súa necesidade para a conservación deste patrimonio, tendo en conta que na última década non se tiñan executado de xeito integral estas actuacións, senón que se levaron a cabo intervencións parciais por coleccións.

Os dous museos permaneceron pechados durante dúas semanas para levar a cabo os traballos de conservación, que consistiron no precintado, fumigación con gas e ventilación dos edificios, salas de exposicións e coleccións. Estas actuacións garantiren a eliminación de xilófagos e polillas, que son habituais na madeira, en todos os obxectos expostos, nos soportes expositivos e nas estruturas das edificacións; así como a conservación do conxunto das pezas, que suman 5.000 en San Paio de Narla e Pazo de Tor.

Cómpre sinalar que a última vez que se puxo en marcha un plan destas características, é dicir, completo ou integral, foi no ano 2002, no caso de San Paio de Narla; mentres que no Pazo de Tor fíxose en 2005. Entre tanto, leváronse a cabo intervencións parciais, por coleccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com