A ocupación durante o Arde Lucus non cumpre as espectativas da hostalería lucense

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, na que non se chegou ao 100% de ocupación.

Aínda que os datos corroboran a liña ascendente de negocio nesta fin de semana, a APEHL confirma que a ocupación do venres foi dun 80 %, similar á de anos anteriores, pero o sábado só se acadou o 95%, sen poder colgar os carteis de completo.

O presidente da Asociación, José Real, confirmaba o pasado venres que esperaban unha ocupación hoteleira en torno o 100% e, aínda que satisfeitos cos resultados acadados durante a fin de semana, quedaron a cinco puntos do completo total. En todo caso, o presidente dos hostaleiros lucenses ten claro que non se pode valorar o Arde Lucus só en relación coa ocupación hoteleira xa que, explicou, “o fluxo de visitantes e moi superior á oferta de habitacións na cidade”.

Os hostaleiros consultados sobre este balance coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na cidade procedían de diferentes partes de Galicia e tamén do resto de España.

Na outra banda o Concello, contento coa afluencia de xente durante esta fin de semana, negaba esta mañá que o cambio de data fora prexudicial. Así o explicaba o voceiro municipal, Miguel Fernández, ante as preguntas dos xornalistas, quen fixo un balanczo positivo en canto a cantidade de visitantes. Asegurou, ademáis, que a Policía Municipal puido resolver todas as incidencias que houbo durante as festas. En canto as mesmas, non hai nada reseñable “absoluta normalidade, as mínimas incidencias. A policía acudiu a numerosos servizos de ruido e venda ambulante, pero nada fora do normal nunha fin de semana con tan altísima afluencia de visitantes que recibiu a cidade”, explicaba o voceiro.

E nesta mesma idea de éxito incidiu a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, quen asegurou que “o Arde Lucus cumpriu sobradamente as súas expectativas”. A voceira de Lugonovo fixo unha valoración moi positiva dos festexos en tanto demostran que a participación cidadá na súa organización é un garante de éxito.

“O asociacionismo lucense amosou, unha vez máis, o seu compromiso e bo facer na materialización das celebracións. Despois de moitos meses de traballo esta fin de semana puidemos comprobar que os seus esforzos obteñen sempre excelentes resultados”, manifesta Cristina Pérez Hérraiz.

Nese senso, a portavoz da agrupación municipal aposta por incrementar, para futuras edicións, esta colaboración co tecido asociativo da cidade, outorgándolles un peso especial no deseño e posta en escena dos espectáculos, fronte a contratación externa das actuacións. “A implicación das entidades locais é innegable como sobresaínte é o seu labor e os froitos que dá, puidémolo comprobar nestes días” – subliña Pérez Herráiz – “ningún dos colectivos que interviron nas festas escatimou en dedicación nin en esmero para que todo saíse á perfección e por iso cremos que esta debe ser a liña a seguir no futuro, aumentar a súa presenza e protagonismo dentro da programación do Arde Lucus”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com