En Marea pide explicación ao Goberno pola morte dunha persoa presa no cárcere de Monterroso

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán, vén de presentar unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Interior para pedirlle explicacións pola morte dunha persoa presa “por sobredose de drogas” na madrugada do pasado sábado 24 de xuño.

“Como é posíbel que cheguen estupefacientes a mans dos internos con tanta facilidade? Non hai control? Como se explica que desde o ano 2006 prácticamente morra unha persoa presa por ano por estas circunstancias? Vai o Ministerio a abrir unha investigación ao respeito? Están claras as causas da morte deste interno? Non cre que se trata de feitos graves que denotan as deficiencias deste centro?”, son algunhas das preguntas que formula ao Goberno.

Fernán Vello afirma que “chama poderosamente a atención que un interno poida morrer a consecuencia dunha sobredose nun centro penitenciario. É doado deducir que os mecanismos de seguridade son verdadeiramente deficientes. E en segundo lugar, cabe deducir que a atención socio-sanitaria falla estrepitosamente  no caso de persoas toxicómanas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com