Bombeiros Comarcais asaltan a sede da Xunta en Lugo

Bombeiros comarcais asaltaron na contorna das 12.45 horas a sede da Xunta en Lugo, e ao berro de: ¡que salga Balseiro! accederon ao hall derrubando o control de acceso ás dependencias, sen que os gardas de seguridade e a policia autonómica nada puideran facer para evitalo. Lanzando bengalas, que encheron de fume as dependencias, e axitando sereas, situáronse dentro do hall para reivindicar a equiparación salarial cos outros bombeiros.

Nestes momentos xa saíron do edificio e continúan na explanada do edificio proferindo as súas consignas.

Estos feitos, tiveron lugar tras a manifestación convocada polos sindicatos CIG, CC.OO., UXT e SIBGAL para reclamar a equiparación salarial cos bombeiros do resto de Galicia. Un numeroso grupo de bombeiros saía esta mañá da praza de San Marcos ata a Delegación Territorial da Xunta para instar ao goberno galego á non discriminación dos traballadores deste gremio na provincia de Lugo asi como de Coruña e Pontevedra, con respecto dos bombeiros do consorcio de Ourense, xa que son os de Lugo os traballadores que menos cobran de toda Galicia.

A Deputación, quen debe pagar a metade destes salarios, xa se comprometeu a elevar a 330 mil euros a achega que fai a institución aos parques comarcais no Orzamento de 2017 para equiparar os salarios dos bombeiros de Lugo. Sendo así, quedaría só a institución autonómica por aumentar a súa aportación económica para que os lucenses, cobren o mesmo que o resto de bombeiros de Galicia.

Na manifestación estuveron presentes diferentes representantes políticos de En Marea e Lugonovo, do PP provincial e do PSOE provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com