A Xunta achega a Láncara 2 millóns de euros para novas obras e servizos

A Xunta de Galicia mellora a calidade de vida das veciñas e veciños de Láncara achegando dous millóns de euros en novas obras e servizos financiados con fondos autonómicos. Así o explicou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita institucional á localidade.

En particular, o responsable territorial supervisou as actuacións executadas na mellora do colexio público de Láncara, o CEIP Ramón Piñeiro, no que se investiron 45.000 euros en diversas reformas eléctricas, saneamento ou no peche perimetral.

O delegado tamén quixo comprobar o resultado dos traballos executados ao abeiro do Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais cuxos proxectos a Xunta financiou con 84.000 euros. A achega autonómica permitiu mellorar seis camiños que servían de acceso ás parcelas dos gandeiros do lugar.

Balseiro supervisou en concreto o resultado das obras no camiño de Quintela e Vilaleo. No primeiro mellorouse o pavimentado 405 metros e no segundo 513 metros con rego asfáltico, ambos sitos na parroquia de Traliste. Tamén se actuou no camiño de A Reboleira, Vigo de Galegos, Toldaos, Monseiro, A Lama, cruce do Carballal e Oleiros. En total máis 6, 2 quilómetros de lonxitude mellorados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com