A Deputación inviste en Xermade 1,2 millóns na mellora de prestacións públicas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, informou esta mañá sobre o investimento de 1,2 euros, que levou o Goberno Provincial a este municipio chairego no último ano para mellorar as prestacións públicas. Campos e García supervisaron as actuacións levadas a cabo durante unha xornada á que se incorporou o Presidente da Deputación da Coruña e Alcalde das Pontes, Valentín Formoso, pois ambos os dous organismos provinciais están a acondicionar a estrada de Momán ás Pontes.

En dita vía (LU-P- 2204), o Goberno da Deputación de Lugo está a executar os traballos de 400.000 euros de mellora do firme, ensanche da calzada e incremento da sinalización dende o punto quilométrico 2 ao 4. Campos e Formoso cumpren con estes traballos a palabra dada aos veciños, que demandaban estas actuacións. As obras que se executan, súmanse ás de 240.000 euros finalizadas entre os quilómetros 0 e 2, facendo que o investimento do Goberno da Deputación de Lugo na mellora desta vía sexa, polo de agora, de 640.000 euros.

Asemade, o ente provincial acordou destinar outros 95.300 euros no arranxo dun treito de 2 quilómetros, dende o 10.200 ao 12,200, da LU-P- 6513, de Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade. Foron máis de 210.000 euros os que achegou o Executivo Provincial á mellora de dotacións públicas municipais co execución do orzamento de 2016. Cantidade que reforza agora con preto de 200.000 euros do presuposto de 2017, a mellora de máis prestacións públicas pois, con este investimento, mellorará máis accesos rurais, como os de Lousada, Miraz, Candamil ou Momán; alumeados público ou captacións de auga.

O Executivo Provincial fará o mesmo co emprego e os servizos socias logo de achegar o pasado ano 75.000 euros neste eido, a mesma cantidade que este ano. Este investimento permitiu a contratación de 4 lucenses, que traballan no servizo de conservación municipal a través do DepuEmprego; e ofrecer atención profesional a 59 maiores, aos que non atende a Xunta de Galicia, pero si o Goberno da Deputación mediante o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes e da Teleasistencia gratuíta. Campos e García mantiveron hoxe encontros cos novos traballadores e usuarios de mencionados servizos sociais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com