Vidal Baamonde recibe aos participante do V Rally Turístico Terras do Incio

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, recibiu no Pazo de San Marcos aos participantes do V Rally Turístico Terras do Incio, co que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros, dentro da súa aposta polo turismo como dinamizador da economía lucense. No evento participan familias chegadas de distintos puntos do país. En total son 25 coches clásicos, entre os que destacan un modelo Maseratti Vignale, valorado nun millón de euros, un Morgan, un Jaguar 120XK, un Mustang do ano 1964, un Rolls Royce-Corniche, un Aston Martin DB6 e un Mercedes 190 SL, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com