ACE-EU cuestiona a contratación de seguridade privada no vello cárcere

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida (ACE-EU) critica a contratación ata final deste ano dun vixiante de seguridade privada no recentemente inaugurado Centro Sociocultural do Vello Cárcere por non considerala nin suficientemente xustificada nin realizada coa equidade e imparcialidade debida na Administración pública.

ACE-EU considera este caso outro exemplo de abuso dos contratos menores por parte do goberno local, que recorre regularmente a este método incluso para servizos de prolongada continuidade, cando esta modalidade debería ser excepcional e limitada a suministros moi concretos e pequenas obras que por razóns de urxencia e operatividade non sexan susceptibles de cumprir os prazos e requisitos dunha licitación pública. “Se o goberno consideraba necesaria de antemán a seguridade permanente neste edificio, debería tela sacado a concurso antes da súa inauguración”, afirma Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. “Preguntaremos en comisión en base a que informes técnicos se decidiu a premura desta contratación, pois non parece casual se temos en conta que a persoa designada para o posto de traballo foi candidato á alcaldía e concelleiro do PSOE nun municipio cercano a Lugo”, sinalou.

Para ACE-EU non é aceptable aducir a urxencia na contratación dun servizo de vixianza privada no caso dun centro cunha programación de actividades aínda esporádica e con escasa afluencia de usuarios, no que ademáis se dilataron tanto no tempo as obras para a súa rehabilitación. Asemade, o Vello Cárcere abriuse ao público cunhas claras deficiencias estruturais de seguridade, que de ter sido contempladas previamente, minimizarían a necesidade de vixianza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com