Un traballador dunha explotación gandeira resultou ferido esta maña, tras recibir a patada dunha vaca. Segundo informou o 112 Galicia, o animal propinoulle un golpe nunha pena.
As instalacións nas que se produciron os feitos sitúanse no Palacio, na parroquia de Momán. O propio dono da granxa contactou co 112 Galicia ás 12:00 horas desta maña para explicar o sucedido.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e á Garda Civil.