Pablo García Ávila, de Córdoba, gañou o Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo

Aínda máis arte a cada paso. A riqueza patrimonial que xa posúe Lugo sumou un ano máis atractivos co Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, celebrado este domingo. Trinta e un artistas chegados de Galicia e do resto do estado inmortalizaron distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.

O xurado, composto por Alejandro Carro, representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alba Platas, deseñadora gráfica, e José Blázquez, artista multidisciplinar, tívoo difícil dada a calidade das obras presentadas. A deliberación deu como gañadores ao cordobés Pablo García Ávila, co 1º premio (1.500€ e diploma), cun lenzo da Catedral; José María Sánchez Gutiérrez, tamén cordobés, co 2º premio (1.000€ e diploma), cun cadro da Praza de Santo Domingo; e Julio Gómez Mena, de Leioa (Vizcaia), co 3º (800€ e diploma), cunha pintura das vías do tren.

 Os 6 accésit (300€ e diploma) foron para os seguintes participantes: Raúl Gil Burés (Taragoña), Camilo Huéscar Ramón (Córdoba), Eduardo Pérez Baamonde (Cambados), Martina Bugallo González (Brión), Javier Sande Iglesias (Noia) e Manuel Carballeira Rivas (Valdoviño).

 En canto ao premio para o artista local, de 450€ e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a Manuel Carreira Varela.

 A Concelleira de Cultura, encargada de anunciar os dez premiados na Praza Maior, diante da casa consistorial, subliñou que o Certame de Pintura Rápida contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes, que chegan de toda España, como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com