O Ribeira Sacra Breogán regala unha entrada extra a cada abonado para asistir ao encontro contra o Cocinas.com mañá no Pazo dos Deportes

Na axenda deportiva desta fin de semana, o adestrador do Ribeira Sacra Breogán, Lisardo Gómez, considerou clave onte en rolda de prensa, lograr una vitoria mañá no Pazo dos Deportes as seis, ante o Cocinas.com, equipo sobre o que advirte da súa peligrosidade.

Lembrar que cada abonado poderá convidar a un acompañante a presenciar o partido, ou o que é o mesmo, con cada carné poderán entrar dúas persoas.
Non será preciso retirar invitación, o que sí será imprescindible é que co carné entren as duas persoas xuntas. @CBBreogan

Doutra banda, Club Deportivo Lugo afrontará o vindeiro domingo o partido ante o Leganés con sete xogadores de baixa. O comité de competición sancionou cun encontro por acumulación de tarxetas amarelas a Fernando Seoane, Lolo Plá e a Borja Gómez. @CDeportivoLugo

Súmanse as de Pelayo Gómez e Jonatan Valle, que se recuperan dunha rotura muscular, así como a de Ernesto Gómez, que aínda non recibiu a alta médica, logo de ser intervido dos xeonllos no verán.
Por último, Prone Lugo enfrontarase ao Montesinos Jumilla, mañá no Pavillón Carlos García, a partir das cinco da tarde.

@ProneLugoAD

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com