AGE alerta sobre o risco para o río Miño da construcción da nova gasolineira das Saamasas

A Eurodiputada por AGE-Europa, Lidia Senra, presentou o pasado 19 de Xaneiro no Parlamento Europeo unha pregunta co pedido de resposta escrita, relativa á gasolineira que se construirá na zonas das Saamasas.

Dende ANOVA queren lembrar á cidadania de Lugo, que con anterioridade xa se produciron dous verquidos de gasoil procedentes do centro comercial Carrefour, o máis grave en Novembro de 2004 e outro en febrero de 2006.

No do ano 2004 toda a área do parque de as Saamasas quedou contaminada con máis de 2000 litros de gasoil, que foron a parar ao rio Miño días despois nas labouras de limpeza, amosando a insensibilidade co rio, voltaron a contaminar o cauce do mesmo.

A formación política pídelle ao centro comercial Carrefour, que reconsidere a instalación da gasolineira. De non facelo ANOVA anuncia que promoverá, apoiará e se sumará a cantas movilizacións sexan convocadas. Tamén analizan a posibilidade de sumarse ao recurso que contra a licenza se presente dende outras organizacións.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @ANOVAOUTEIRO
    Feb 17, 2015 - 09:02 AM

    Dende ANOVA queremos lembrar á cidadania de Lugo, que con anterioridade xa se produciron dous verquidos de gasoil… http://t.co/FCnFWsd8cG

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com