Sete persoas resultan feridas nun choque múltiple na A-6

Unha colisión entre tres turismos rexistrada esta mañá na A-6, ao seu paso por Lugo, sáldase con sete persoas feridas. Segundo a información facilitada ao 112, un dos vehículos implicados envorcou, aínda que as persoas que ían no seu interior puideron abandonalo polos seus propios medios.

O accidente produciuse no quilómetro 491 da autovía, en sentido A Coruña. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 10:55 horas desta mañá para alertar dos feitos.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse do sinistro ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros Lugo e de Sarria. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Saída de vía en Palas

Asemade, na A-54, á altura de Palas de Rei, unha persoa resultou ferida tras saírse da vía. O sinistro tivo lugar á altura da saída 36.

Foi unha persoa particular a que informou dos feitos ao 112 Galicia ás 11:10 horas desta mañá. Acto seguido, dende a central de emerxencias do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com