Mondoñedo celebra os días 11, 12 e 13 de agosto a XXVI edición do Mercado Medieval

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu hoxe o acto de presentación do cartel do Mercado Medieval que os días 11, 12 e 13 de agosto celebra a súa XXXVI edición. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.

A alcaldesa subliñou a importancia dunha programación ampliada na que se incorpora unha actuación o venres ás oito e a clausura o domingo á noitiña.

A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. “Entre todos conseguimos unha volta ao medievo rúa a rúa que cada vez atrapa a máis visitantes”, engadiu.

Moitos dos participantes son artesáns que xa coñecen a feira de anteriores edicións repetindo experiencia máis de cen postos, segundo as súas propias palabras, por ser un mercado “acolledor, organizado polo propio Concello e voluntarios e celebrado nun contexto único”, unha cidade declarada conxunto histórico artístico que se presenta como marco inmellorable da festa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com