Foz inicia hoxe os actos principais do seu XXXIV Entroido coa celebración dunha macrobatukada a partir das 7 da tarde polas rúas da vila. Nela participarán os alumnos da Escola de Batukada municipal e os da Batukada de Cariño. O acto servirá para animar aos veciños a acudir á lectura do Pregón que terá lugar as 20:00 horas na Sala Bahía e correrá a cargo do grupo local Pernas do Centiño.
Posteriormente, ás 20:30 e neste mesmo local, celebrarase un concurso de coplas con entrega de premios en diferentes categorías. Os actos complétanse coa celebración, mañá sábado, do gran desfile de Entroido que partirá ás 17:00 horas da explanada portuaria e será emitido a través da TVG. Xa o domingo terá lugar o Día Infantil coa celebración dun baile para os máis pequenos, a partir das 17:00 horas, na Sala Bahía.
@aytofoz
Ánxel Paleo, concelleiro de Cultura: