Lara Méndez expón o proxecto Lugo Smart City aos responsables da campaña Mi ciudad inteligente

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá aos xeógrafos Pablo Rodríguez e Eduardo Bustillo, que chegan a Lugo no seu recorrido polas 82 cidades da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), dentro do proxecto Mi ciudad inteligente, co que se busca analizar e difundir as cidades intelixentes e a mobilidade sostible en España.

Neste encontro, a rexedora expúxolles aos responsables de dita campaña o Lugo Smart City, un proxecto valorado en 4,12 millóns de euros (dos que o 60% proveñen de fondos europeos) e que engloba as distintas iniciativas que leva a cabo o Concello para converter a Lugo nunha cidade intelixente, un concepto que, en palabras de Lara Méndez, ten moitas definicións, pero “me gusta a que considera unha cidade como intelixente “cando as inversións en capital humano e social, en infraestruturas e comunicación tradicionais e modernas, fomentan un desenvolvemento económico sostible e unha elevada calidade de vida”. Nesta liña, Méndez apelou ás smart city como sinónimos de”cidade viva, audaz e perserverante”.

A Alcaldesa precisou que, entre as iniciativas de dito proxecto, a máis importante, no que se refire ao presuposto asigando, é a implantación da administración electrónica, coa que “pretendemos involucrar á cidadanía para facer unha administración máis cercana”. Así mesmo, co Lugo Smart City, o Goberno potenciará o uso da tarxeta cidadá, co que a veciñanza lucense poderá efectuar distintos trámites, como o pago de recibos; e impulsará unha xestión intelixente do control lúminico do alumeado na zona rural e urbana; dos colectores de auga, de residuos sólidos urbanos ou da eficiencia enerxética en dependencias municipais.

O proxecto engloba tamén unha plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais baseado no GIS (sistema de información xeográfica) para a xestión adminsitrativa, económica, urbanística, ocupación da via pública, infraestruturas e mobiliario urbano e a mellora do portal de transparencia.  O Lugo Smart City tamén contempla a creación de 200 prazas de aparcadoiro intelixente, que permitirá ás persoas usuarias coñecer a dispoñibilidade de estacionamento a través dunh aplicación móbil.

A rexedora asegurou que o concello se atopa no proceso de elaboración dos pregos que se trasladarán ao Ministerio a finais de verán para a súa licitación.

O proxecto Mi ciudad inteligente, desenvolvido por Geocyl, en colaboración con Renault, recorre nun coche eléctrico e intelixente as 82 cidades da Rede Española de Cidades Intelixentes, asociación que respalda institucionalmente este proxecto. Lugo é a primeira cidade galega que visita este proxecto na súa segunda edición, que arrincou o pasado mes de xuño e terá lugar ata xaneiro de 2018, recorrendo máis de 30.000 quilómetros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com