A Xunta apoiará a rehabilitación de antigas vivendas de mestres para familias de menos recursos

A Xunta de Galicia vén de aprobar unha liña de axudas para rehabilitar entre outros espazos as antigas vivendas dos mestres –hoxe en desuso- e da que poderán beneficiarse todos os concellos lucenses de menos de 20.000 habitantes.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que na provincia de Lugo, onde o ámbito rural é moi importante, hai un gran número de instalacións destas características, vinculadas no seu día as escolas unitarias, malia que a práctica totalidade delas fai décadas que non se empregan para este fin.

O Goberno galego aspira a que estes inmobles, na maioría dos casos de titularidade municipal, poidan ter novos usos. Por iso, a través destas axudas ademais de promover a súa rehabilitación, buscará que pasen a formar parte do mercado mercado do alugueiro, en especial, para garantir o acceso a vivenda aos colectivos máis vulnerables.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, destinará para este fin un orzamento total de 850.000 euros, a repartir durante os anos 2017 e 2018 e o prazo de presentación de solicitudes comeza a partir de mañá e permanecerá aberto ata o 31 de outubro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com