Fomento nega a En Marea a pasarela de acceso ao Anxo Carro

O Goberno négase a atender a demanda veciñal para que se constrúa unha pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio Anxo Carro, a pesar de “recoñecer a problemática existente nos accesos peonís e rodados ao estadio con motivo da celebración de eventos deportivos”. Así o explica Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea no Congreso, quen se dirixiu ao Ministerio de Fomento máis dunha vez debido aos recorrentes e continuos problemas que se producen cada domingo que hai partidos de fútbol en Lugo. .

O deputado de En Marea por Lugo  asegura non entender a “cerrazón do Ministerio cando nesta resposta recoñece a problemática existente nas xornadas de celebración de partidos de fútbol”.

“É un problema de seguridade vial por moitas voltas que lle dea o Ministerio para evitar a execución dunha simple infraestrutura. Situacións nas que centos de persoas camiñan sen a debida seguridade na zona da N-VI de acceso ao estadio, bloqueando así un dos principais accesos á cidade, todo pola negativa de Fomento a costruir unha pasarela que solucionaría este estado de cousas”, asegura Fernán Vello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com