Un particular atopou onte ao fío das 7 da tarde a un home falecido no termo municipal das Nogais, na antiga N-VI á altura do quilómetro 436, en Noceda.
O falecido atopábase sentado nunha cadeira, no que os servizos de emerxencias cualificaron de “estraña posición” e ao lado dun vehículo cunha caravana. Tras poñer os feitos en coñecemento do Centro de Atención ás Emerxencias, as forzas do orden ocupáronse do achádego.