A Policía Xudicial da Garda Civil detivo a catro homes veciños de Lugo e Monforte de entre 25 e 51 anos, no marco da operación SOBLOB, e como presuntos autores do roubo con violencia ocorrido en Sober o pasado 7 de marzo.
Os detidos, presuntamente accederon ao domicilio dun ancián de 81 anos e agredíronlle co obxectivo de roubarlle os cartos en efectivo que gardaba na casa. Dada a gravidade dos feitos, os axentes da Garda Civil iniciaron unha investigación prioritaria na que non escatimaron en medios e tempo para dar coa identidade e o paradoiro dos autores desta conduta.
Segundo informa a Garda Civil, a colaboración cidadá foi decisoria neste caso. Varias testemuñas alertaron aos investigadores sobre un vehículo descoñecido que viron días antes dos feitos no lugar. Aínda que estas testemuñas só podían recordar algunhas características do vehículo, os axentes deron con el, pudendo centrar as investigacións sobre os sospeitosos.