A sanidade pública «está en estado de auténtica emerxencia» a consecuencia da políticas do PP e a atención primaria «está sendo unha dás principais damnificadas», así o denunciou hoxe nun comunicado o sindicato CIG Saúde A Mariña.
Para este sindicato, as consecuencias de que non se realicen sustitucións nas vacacións dos médicos do centro de saúde de Viveiro “son moitas”, e entre outras destacan a masificación das consultas, os cupos profesionais por enriba do establecido legalmente e a redución de profesionais. Todas elas, aseguran polas «decisións que levan á deterioración estrutural da atención primaria na comarca».
Unha destas decisións é a de non substituír ao persoal cando está de vacacións, o que está a ter como consecuencia «a redución de servizos e unha sobrecarga asistencial brutal», engaden. A situación que xa consideran deficitaria durante o resto do ano na quenda de tarde no Centro de Saúde de Viveiro é recoñecida polo propio SERGAS.
“Actualmente una das médicas atópase de vacacións e o SERGAS non a substitúe quedando só dous facultativos para atender os seus correspondentes cupos máis o da súa compañeira, a todo iso temos que sumar as urxencias e o incremento da demanda asistencial polo gran número de persoas desprazadas ao pobo pola época estival”, explican dende CIG Saúde A Mariña.
“No inverno son insuficientes tres médicos e no período estival con dobre de poboación son suficientes
dous?”, pregúntanse desde CIG Saúde.