O Concello consigue 644.000 euros de Europa para favorecer a inserción laboral

Ana Prieto, edil de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico no Concello de Lugo anunciou este mediodía que o goberno local vén de conseguir máis de 644.000 euros da Unión Europea para favorecer a través da formación a inserción laboral de 150 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.

Este novo plan de emprego, denominado Empregalia, demostra, segundo a edil, “o traballo que levamos a cabo día a día para atraer novos investimentos que dinamicen o mercado laboral e axuden aos 6.798 lucenses que están no paro a encontrar un posto de traballo, aínda non tendo as competencias neste eido, pois corresponden á Xunta e ao Estado”. Deste xeito, “en dous anos de mandato desenvolvemos cinco proxectos por importe de 2,5 millóns de euros neste eido”.

Así mesmo, asegurou Prieto, esta nova captación de fondos europeos demostra que neste Goberno “temos un modelo de cidade claro: un modelo que ten como centro de acción as persoas. Unha cidade máis accesible, cómoda, humana, e tamén máis social, na que ninguén se quede atrás”.

Segundo informou a Concelleira de Economía, o Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais publicou hoxe mesmo no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución das axudas á inserción laboral, que foron convocadas en febreiro deste ano polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e ás que o Concello de Lugo concorreu cunha candidatura denominada Empregalia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com