Dúas persoas resultaron feridas nunha saída de vía rexistrada esta mañá en Chantada. O copiloto, tivo que ser liberada do interior do turismo polos efectivos de emerxencias. O condutor, mentres, puido abandonar o coche polos seus propios medios. Con todo, as dúas vítimas tiveron que recibir asistencia sanitaria.
O sinistro produciuse na LU-533, en dirección Monforte, a uns dous quilómetros de Chantada. Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 10:50 horas desta mañá.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Chantada, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
Os bombeiros, axudados dun equipo de excarceración, foron os encargados de liberar a vítima