Alfoz celebra o vindeiro día 3 de agosto o II Festival Arcadio Mon, no Adro de San Pedro. Así o presentaron hoxe o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz. Na presentación tamén participaron os organizadores do certame, Eduardo Canoura e José Vázquez.
Campos Conde subliñou que “con esta achega de 2.000 euros, a Deputación dinamiza a vida cultural da Mariña e tamén da a coñecer a labor de Arcadio Mon que foi un dos compositores máis importantes da provincia”, opinión que reiteraron tamén o alcalde da localidade mariñana así como os dous organizadores.
O festival contará cun concurso de novos talentos musicais, destinado a 10 intérpretes solistas (músicos ou cantantes) de menos de 20 anos; e un concerto, a partir das 19:00 horas, no que actuarán catro grupos de música popular: Escolma de Meus, Sons de Celeiro, Sons Varadero, Mar Aberto. Tamén actuarán os cantantes Sito Sedes, Enzo Fernando, Toni Cazás, Marga Rodríguez e Miro Casavella, e os músicos Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Lino Rico, Felipe Sánchez e Joe Carey.