Olga Louzao, nomeada voceira autonómica de Cidadáns

O Comité Executivo de Cidadáns (Cs) aprobou os nomeamentos do Comité Autonómico de Galicia, despois de que o pasado mes de febreiro celebrásese a IV Asemblea Xeral, onde se aprobaron as bases que rexerán o presente e o futuro de Cidadáns para os próximos anos.

Como resultado deses nomeamentos, a voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, foi nomeada voceira autonómica do partido. Tamén presente no Comité Autonómico está Isabel Cendán Fernández-Peinado, tamén integrante de C’s Lugo, e deputada no Congreso. Cendán foi nomeada Secretaria de Programas e Áreas Sectoriais.

Segundo afirma a organización autonómica, durante estes meses estiveron traballando na creación destas novas estruturas territoriais máis profesionalizadas, dinámicas e autónomas. Nas próximas semanas, Cidadáns, acabarán de completar o resto de membros que conformarán a executiva de Galicia ó completo, de acordo co calendario que establecen os Estatutos do partido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com