Lugo comeza as licitacións do MuraMiñae

O concello de Lugo, vén de aprobar esta mañá a licitación das cinco primeiras actuacións do proxecto MuraMiñae, da Muralla ao Miño, enmarcado dentro da estratexia DUSI. Así o anunciou a alcaldesa, Lara Méndez quen asegurou que esta acción sitúa a Lugo como un dos primeiros concellos do país en conseguir axilizar estes trámites.

A reforma da volta da viña, a pasarela peonil -ciclista ao campo de futbol, a prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, a posta en valor do patrimonio histórico do barrio do Carme e a descontaminación e rehabilitación deste mesmo barrio, son as cinco estratexias que o goberno local acaba de licitar cun valor de máis de 12 millóns de euros, dos que un 80 % proveñen de Fondos FEDER da Unión Europea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com