Sarria acolle a presentación do proxecto ‘Monumento’

A localidade de Sarria será a encargada de acoller a presentación do proxecto Monumento,  un webdoc interactivo sobre a problemática desencadenada nos medios acuáticos galegos, dende a contaminación dos ríos ata o tráfico de mercadorías.

As encargadas de levar a cabo este proxecto, Inés Pérez, Laura Pico e Iria Santos, son tres estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña e rematan unha parte do seu traballo de fin de grao expoñendo, no Buril, da localidade Sarriá esta tarde ás 21:30, unha breve introducción ao proxecto onde, a través de vídeos que formarán parte do documental final, debatirán e conversarán cos asistentes respondendo así a calquera dúbida ou comentario.

A entrada é libre e aberta a todo aquel interesado no proxecto.

Asemade, as tres rapazas teñen aberto un crowdfounding en Verkami, para axudarlles a solventar os gastos da produción deste webdoc. Segundo afirman elas mesmas na plataforma de apoio económico: “Coas ferramentas de  Monumento que vos ofrecemos xa estades preparados para visitar vós mesmos os lugares e comprobar se a ría de Ferrol está depurada ou non, se o Sar é tal e como o describiría Rosalía, se te atreverías a comer os percebes, despois de ver as ondas romper no cabo, ou se ao cruzar a ponte de Rande, preguntaríaste qué levan eses barcos”.

Para colaborar e ser mecenas deste proxecto, só fai falla unha axuda de entre 5 e 500 euros e que será recompensada de diferentes formas segundo a cuantía entregada na web de Verkami: https://www.verkami.com/projects/18158-monumento

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com