Xornada de Pleno no Concello de Lugo, e xornada, emotiva para algúns. O ex voceiro de Lugonovo e actual edil desa agrupación, Santiago Fernández Rocha, presentou a súa renuncia ao seu cargo como concelleiro que se fixo efectivo esta mañá ao redor das 10 e cuarto. Rocha asegurou que se trataba dunha “humilde despedida” pero non dubidou en agredecer “o trato dos compañeiros da corporación”, así como o acollemento que todos os partidos lle deron desde que entrou a formar parte do concello de Lugo, e tamén a toda a cidadanía.
Rocha afirmou que se acaba unha etapa da súa vida, pero que, sen dúbida, cumpriu un soño, o de loitar pola súa cidade. Para rematar, o de Lugonovo, desexoulles sorte aos seus compañeiros da corporación e “acerto na súa decisión política porque Lugo o necesita”.
Pola súa banda, Lara Méndez agradeceulle a Fernández Rocha o consenso “ao que sempre quixo chegar e altura de miras”, así como a lealdade institucional. E desexoulle moita sorte na nova etapa.
E, tras o abandono do Salón de Plenos, do concelleiro de Lugonovo, deuse paso a entrada e á toma de posesión de Ángel Trabada que pasa formar parte da corporación municipal como edil do Partido Popular. Trabada faráse cargo das áreas populares de obras e infraestructuras, conservación e mantemento urbano, Camiño de Santiago, turismo e promoción.