Balseiro supervisa as obras de ampliación do Colexio das Mercedes

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou hoxe as obras que a Consellería de Cultura e Educación está a executar para a ampliación do CEIP As Mercedes, da cidade de Lugo, que contan cun investimento de 411.871,89 euros.

O dirixente territorial puxo en valor a evolución dos traballos, iniciados a principios do mes de xullo unha vez que o Concello de Lugo outorgou a licenza, tras máis dun ano de agarda. A empresa encargada das obras xa procedeu ao levantamento da cuberta, e da estrutura metálica que será substituída por unha nova cobertura. Para continuar precisan colocar unha grúa, pendente tamén da autorización municipal oportuna.

A intención do Goberno galego é rematar o groso das obras durante este período de vacacións escolares, co obxecto de evitar os menores prexuízos posibles. Una vez que dea comezo a actividade docente esperan que só queden traballos no interior, sempre respectando todas as condicións de seguridade para o alumnado.

Balseiro lembrou que a ampliación permitirá dotar ao CEIP As Mercedes de catro aulas polivalentes, unha aula de recursos e aseos. En concreto, construirase unha segunda planta na zona do edificio que actualmente dispón de baixo e planta primeira. Ademais, mellorarase a accesibilidade ao instalar un ascensor. A superficie útil ampliada será de 342,95 metros cadrados, con aulas de entre 52 e 57 metros cadrados e unha aula de recursos de 10,40 metros cadrados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com