A Deputación continúa investindo nos servizos públicos da provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Abadín, José María López Rancaño, informou esta mañá sobre o investimento de 940.000 euros, que o Executivo Provincial achegou a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos 2.500 veciños deste municipio. Foron 627.000 euros do orzamento de 2016 e 311.000 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano.

Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Abadín 635.899 euros. Campos Conde e López Rancaño supervisaron os traballos, xa rematados, para acondicionar os accesos de Torre, Samordás e Asperón, beneficiando aos 50 veciños destas zonas. O Presidente avanzou que as seguintes actuacións serán en outros 17 núcleos rurais.

Nas vindeiras semanas comezarán as obras de arranxo da estrada LU-P- 0102 de Moncelos a Carrizal con 370.000 euros (incluídos no orzamento de infraestruturas). Trátase dun treito de 900 metros, co que o Goberno da Deputación finaliza o acondicionamento da totalidade desta vía. Campos Conde subliñou que “con estas melloras, a LU-P- 0102 quedará completamente renovada, co fin de garantir a seguridade das ducias de vehículos que transitan por esta estrada provincia, ao tempo que melloramos as comunicacións entre os Concellos da Pastoriza
e Abadín, beneficiando directamente aos máis de 5.500 veciños”.

O Goberno Provincial tamén impulsou en Abadín, a mellora da rede de alumeado público e ao acondicionamento da Casa Consistorial e centros sociais da vila, así como o emprego xerando 13 novos postos de traballo.

Tamén ao Concello de Riotorto, o executivo provincial levou un total de 619.000 euros entre o orzamento do pasado ano e o do actual. O Goberno da Deputación achegou 188.000 euros durante un ano a melloras en dotacións públicas do municipio. Foron 80.000 euros á adquisición dun novo camión de recollida de lixo, que comparten os Concellos de Riotorto e Meira. Outros 62.000 euros foron destinados á rehabilitación da Área Recreativa da Ferreira Vella. Os traballos consistiron na dotación de calefacción e novo mobiliario, como cociñas, mesas ou cadeiras, entre outras.

O Executivo Provincial destinou parte do orzamento á instalación de 20 puntos de luz LED na parroquia de Santa Marta e á substitución da carpintería existente do edificio da área recreativa no Mazo da fraga de Ferreiravella.
O Presidente avanzou que as seguintes actuacións serán a reconstrucción do muro de contención de Ferraría e a dotación de 25 luminarias de LED no Concello de Riotorto.

Ademáis, foron 176.000 euros os investidos polo Goberno da Deputación durante un ano para mellorar os accesos da maioría dos núcleos rurais do Concello de Riotorto. En canto aos servizos sociais, o ente provincial xerou na localidade 10 novos postos de traballo e destinou 44.000 euros á prestación do Servizo de Axuda a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com