O Ben Empregado 3 e o DepuEmprego sacan novas ofertas de traballo

O Goberno da Deputación xera 13 novos empregos en 6 municipios da provincia: Monterroso, Ribeira de Piquín, Triacastela, Muras, Lugo e Monforte de Lemos. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Son, concretamente, 8 postos do DepuEmprego en ​M​onterroso: 2 peóns limpeza; 3 peóns de obras; 1 conserxe; 1 tractorista – palista e 1 mestre educación infantil. Co Ben Empregado 3, o executivo presenta 5 novas ofertas: camareiro en Ribeira de Piquin; técnico de control de plagas en Triacastela; axudante de cociña en Muras; oficial de perruquería para Lugo; e oficial forestal para Monforte de Lemos

Todas as persoas interesadas nos postos de Monterroso teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego. O prazo de solicitude abrirase a partires da segunda semana de agosto.

No caso do Ben Empregado, os interesados deberán cubrir o formulario que se atopa na web da Deputación: www.deputacionlugo.org

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com