II Festival Arcadio Mon en Alfoz patrocinado pola Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Diaz, participan no II Festival Arcadio Mon, que patrocina o Goberno da Deputación.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento cultural, cunha achega de 2.000 euros, facendo posible a organización desta segunda edición do Festival, no que participan máis de 600 persoas totalmente de balde.

Durante a xornada actuaron catro grupos de música popular: Escolma de Meus, Sons de Celeiro, Sons Varadero, Mar Aberto; os cantantes Sito Sedes, Enzo Fernando, Toni Cazás, Marga Rodríguez e Miro Casavella, e os músicos Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Lino Rico, Felipe Sánchez e Joe Carey.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com