Un home de 45 anos faleceu onte a tarde nunha praia de Barreiros. O home foi arrastrado pola corrente e foi rescatado da auga con vida, pero finalmente nada puideron facer por salvalo.
Ata a zona desprazouse o helicóptero Pesca2. No operativo tamen participaron varios membros do equipo de socoristas e mesmo un deles tivo que ser axudado polos seus compañeiros a sair da auga, dadas as condicións na que se atopaba o mar.