Ana Prieto asina un convenio de colaboración con FAPACEL

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Federación Provincial de Anpas de Centros de Ensino Públicos de Lugo (FAPACEL), Belén Díaz, asinaron este luns, no Salón de Comisións, un convenio de colaboración entre ambas entidades co obxecto de achegar á comunidade escolar as actividades programadas dende a entidade local relacionadas coas política europeas de educación, formación, emprego e apoio ao emprendemento.

Tras o acto, ao que tamén asistiu o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e outra representante da directiva do colectivo provincial, Prieto manifestou a oportunidade que supón este convenio para seguir dando a coñecer entre os e as escolares todos os aspectos relacionados con Europa, fomentando os intercambios, o diálogo e o entendemento entre as institucións e a opinión pública, así como difusión de diversas actividades.

O Concello facilita á federación un local no edificio no que se ubica o Espazo Lab, dende onde se informa á cidadanía de todos os aspectos institucionais relacionados coa Unión Europea, lugar onde se programan actividades ao longo do ano para dar a coñecer a pertencia de Lugo á Unión Europea e tamén onde se implementan todos os programas de emprego, formación e orientación laboral, tanto con financiamento propio como europeo. Dita colaboración rematará o 31 de decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com