A Xunta de Persoal do Hospital da Costa solicita a retirada a do anteproxecto de Lei que suprime a área sanitaria de A Mariña.

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa acusa que o “Partido Popular unha vez mais intente meter pola porta de atrás unha nova medida prexudicial para a nosa comarca, en pleno mes de agosto e establecendo neste mesmo mes 15 días para alegacións”.

DESMANTELAMENTO E CENTRALIZACIÓN DA SANIDADE.

O órgano de representación das traballadoras e traballadores entende que “o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais”.

ÁREA SANITARIA PROPIA.

A Xunta de Persoal incide ademais na necesidade de que “A Mariña sexa un área sanitaria propia, sen depender de Lugo como ocorre na actualidade, que xestione os recursos humanos, materiais, de infraestruturas e coordine a atención especializada coa atención primaria”.

O representantes dos traballadores esixen “unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com