A GIG di que o concello da Fonsagrada debe readmitir a traballadores do GES e este di que lle corresponde ao de Baleira

Segundo a CIG, “logo das catro sentenzas que consideraban nulos por segunda vez os despidos dos traballadores do GES, o Concello e A Fonsagrada aínda non cumpriu co fallo das mesmas e non readmitiu aos traballadores nin pagou os salarios de tramitación, e non parece que esa vaia a ser a súa intención, pois presentou escrito no xulgado no cal solicitan que sexa o Concello de Baleira quen teña que readmitir aos despedidos, pois sería este o que ocupa agora o lugar que antes ocupaba o Concello de Fonsagrada, e darse as condicións para a subrogación dos traballadores do GES”.

Dende a CIG denuncian a “actitude do Alcalde de A Fonsagrada de demorar o cumprimento das sentenzas, para seguir nunha fuxida cara adiante e non asumir a realidade, esquecendo a situación laboral na que se atopan os traballadores”.

A CIG solicitou xa a execución provisoria das sentenzas, pois foron recurridas, solicitando multa diaria por cada día de retraso na readmisión dos traballadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com