Axentes de Servizo de Protección da Natureza tiveron coñecemento da existencia desta cova por mor da información facilitada por tres “sendeiristas” que se atopaban na zona, onde encontraron unha cova non inventariada ata a data, poñendo o achado en coñecemento de patrimonio da Xunta de Galicia.
A partir desta información puxose en coñecemento da Dirección de Patrimonio da Xunta este achadego, o que levou Garda Civil a inspección da citada cova, cun arqueólogo da Consellería de Cultura.
A cova situase no termo municipal de Baleira (Lugo), e confirmouse que, efectivamente, no seu interior existen pinturas rupestre.