O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixe ao goberno local a que “estude a mellor localización” para a creación dun aparcadoiro no barrio de A Ponte. Antonio Ameijide explicou que “son xa demasiados anos con este problema e semella que o goberno non quere ver que a falta de prazas de aparcadoiro no Paseo de Miño é unha eiva que se ve acentuada no verán, xa que son moitos os lucenses que se achegan nos seus vehículos ata esta zona para pasear, facer deporte ou levar aos nenos á zona de xogos que hai, xa que é a única cuberta que hai na actualidade na cidade. A realidade que non ve o goberno socialista é que os días de bo tempo esta zona está colapsada”.
Neste senso, o voceiro popular anunciou que “levaremos unha iniciativa a pleno para tentar solucionar este problema. Serán os técnicos os que estuden cal é a mellor ubicación para un aparcadoiro e cantas prazas podería ter, xa que non se pode permitir que os vehículos sigan a aparcar no paseo peonil do Miño”.
Ameijide destacou que a creación deste aparcadoiro “incentivaría que os lucenses se achegasen ata este barrio da cidade e así se axudaría aos negocios da zona. Ademais, serviría para regular o tráfico os días que o Club Deportivo Lugo xogue no Anxo Carro.

Acordos incumpridos
Antonio Ameijide recordou a “deixadez” do goberno local co barrio da Ponte, xa que asegurou que “hai un acordo plenario do 3 de outubro do ano 2011 para peonalizar a calzada da Ponte e, case seis anos despois, non fixeron nada. Pero o certo, e que isto é algo que non sorprende xa que ese acordo saíu adiante coa abstención do grupo socialista”. O voceiro popular explicou que “ outro acordo plenario incumplido é o referente ao acondicionamento do paso inferior da N-VI para unir o Anxo Carro co paseo do Miño”.
Ademais, o popular tamén explicou que “sería unha moi bo para o barrio a colocación dunha marquesina de autobús na única parada que hai na zona, xa que os usuarios non teñen a posibilidade de resgardarse os días de chuvia e frío”.