50 nenas e nenos participaron este sábado en Navia de Suarna nas actividades fluviais e totalmente gratuítas que organiza o Goberno da Deputación ao longo do mes de agosto e a comezos de setembro en diferentes concellos da provincia. Esta festa acuática tivo lugar na Praia Fluvial A Proba e contou con atraccións inchables como tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks ou waterballs. Tamén houbo animación musical e xogos populares.
13 festas acuáticas
Con esta programación, levaranse a cabo un total de 13 festas acuáticas, ó aire libre, en espazos naturais dos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte, Sarria, A Pontenova, Guitiriz, Trabada, Portomarín e Lugo.
Cada sesión lúdica ten unha duración de entre tres e catro horas, e conta coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos nenos e nenas participantes, para garantir unha actividade divertida e segura. Aqueles que non saiban nadar teñen que ser acompañados por un adulto.
Próximas actividades
Vilalba – 14 de agosto – Área de recreo A Madalena (16:00 a 20:00 horas).
Negueira de Muñiz – 15 de agosto – Área Recreativa Virxe da Veiga (16:00 a 19:00 horas).
Ribas de Sil – 16 de agosto – Praia Fluvial San Clodio (17:00 a 20:00 horas)
Chantada – 20 de agosto – Praia do Parque Sangoñedo (16:00 a 19:00 horas).
Monforte – 22 de agosto – Paseo do Malecón (16:00 a 19:00 horas).
Sarria – 23 de agosto – Area de recreo O Chanto (16:00 a 20:00 horas).
A Pontenova – 26 de agosto – Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).
Guitiriz – 26 de agosto – Área recreativa de Parga (16:30 a 19:30).
Trabada – 27 de agosto – Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).
Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00).