O BNG, presentou unha serie de preguntas para saber se o goberno municipal valorou en algún momento, estudar a remunicipalización dos centros museográficos e da oficina de turismo municipal.
Os nacionalistas levarán á comisión de Cultura e Turismo o acontecido coas bases elaboradas para o concurso de adxudicación da xestión, dos centros museísticos e da oficina de turismo.
O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, estimou parcialmente un recurso presentado contra as clausulas fixadas polo concello de Lugo, para a selección de persoas nas bases do concurso público, para a contratación do servizo de apertura e atención ao público das salas museísticas municipais.
As reclamacións presentadas contra as bases, fórono polas titulacións esixidas para o persoal que atende os seis centros museográficos municipais.
Os nacionalistas queren saber cales son os criterios utilizados polo goberno municipal para definir as características do persoal que atende estes centros do concello e se existe algún control por parte de técnicos municipais sobre a xestión que está a facer a empresa que nestes momentos controla estes centros museográficos, así como de a Oficina de Turismo.