O acto desenvolveuse no marco da Feira do libro de Viveiro. Xavier Rodríguez Lombardero, delegado de El Progreso na Mariña, foi quen presentou a obra.
A este acto asistiu José Manuel Balseiro quen gavou “a capacidade da novelista para urdir, a partir dunha serie de entrevistas xornalísticas, unha atractiva historia de ficción que xa enganchou a numerosos lectores”. Así mesmo lembrou que a Xunta de Galicia está a desenvolver a “Estratexia da Cultura Galega 2021” en torno a tres eixos básicos: a consolidación da industria editorial de Galicia, o impulso da difusión do libro galego e dos autores galegos e, finalmente, o fomento do hábito lector entre a cidadanía. Así, a Xunta colabora coa Federación de Librarías de Galicia na organización de feiras do libro como marco idóneo para a consecución deses obxectivos. Tamén sinalou que as feiras como a de Viveiro “ofrecen a oportunidade de coñecer as últimas novidades editoriais e a autores consagrados ou noveis como é o caso de Aida Soilán que xa está acadando numerosos éxitos con “Orillas de Ébano” pero que de seguro aínda lle quedan moitos máis por chegar”