O voceiro popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira afirmou esta mañá en rolda de prensa que “é escandaloso” que López Orozco “siga un só día máis de alcalde”, tras o informe de Aduanas coñecido esta fin de semana, no que se advirte de que existen indicios racionais máis que suficientes, para considerar que o alcalde de Lugo tería colaborado de forma activa co grupo empresarial Vendex, na obtención da ORA e na futura ampliación da mesma no Concello de Lugo e que puidera ser destinatario de parte destes fondos, segundo publicaron os medios de comunicación.
O voceiro popular acusou ao secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, de non respetar aos lucenses, ao permitirlle a López Orozco optar a un quinto mandato.
@010lugo @jaimecastineira
Jaime Castiñeira: